tes un proxecto no eido dos contidos dixitais?
buscas desenvolvelo e chegar ao mercado?
atréveste a aceptar algún dos nosos retos DiCo?

invitámoste a startups R DiCo Challenge, a aceleradora dos contidos dixitais en galicia

en que consiste?

proxectos

estes son os proxectos da nosa primeira edición…

Brain Games TV

Cuicui Studios

Brain Games TV é unha plataforma para adestrar o teu cerebro mediante divertidos minixogos protagonizados polas Cutie Cuis e os boogies

Teatro Go é a plataforma de espectáculos en realidade virtual e coa máxima calidade de imaxe e son. Terás a sensación de estares alí

Visualización Big Data

Datanimbo Consulting

A solución de Datanimbo Consulting permítelles aos xestores da programación televisiva comprender mellor as súas audiencias

ALiCE supón que os usuarios e clientes poidan contratar servizos de xeito áxil e fiable mediante tecnoloxías de biometría e recoñecemento facial

programa

é a aceleradora focalizada en contidos dixitais coa que R e CRTVG buscan innovar conxuntamente coa comunidade

nela atoparás:

  • icono dico challengementorización por parte do equipo de R ou CRTVG
  • icono dico challengeacceso aos medios e infraestruturas de R ou CRTVG para o desenvolvemento e proba de solucións
  • icono dico challengeapoio e titorización permanentes
  • icono dico challengeformación adaptada ás necesidades do proxecto
  • icono dico challengealternativas de financiación
  • icono dico challengevisibilidade e contactos
  • icono dico challengeun espazo de traballo no coworking de startups startups R
e sobre todo, atoparás unha saída cara ao mercado

retos

para que saibas por onde imos, estes foron os retos da primeira edición

interesan as grandes audiencias dos eventos deportivos, as posibilidades dos datos e internet, e o impacto dunha experiencia televisiva ampliada, intensificada

proposto por

R

unha auténtica galaxia: televisores e operadores, millóns de usuarios e aplicacións. Este reto vai de desenvolver para Android TV. Porque o campo de xogo é inmenso

proposto por

R

se os grandes problemas do mundo fosen portas pechadas a formación sería a chave mestra que as abriría. Queres innovar desenvolvendo contidos formativos ou de divulgación científico-tecnolóxica?

proposto por

R

fai falta información para deseñar a programación, elixir o final perfecto dunha serie ou concibir o formato dun programa: o súper reto do Big Data en televisión

proposto por

reto 5

reto aberto

condición para presentarte a este reto: achegar algo novo no eido dos contidos dixitais. Non dubides de que se che pode ocorrer algo que xamais se nos pasou pola cabeza

proposto por

R

por que en Galicia?

promove a iniciativa a Xunta de Galicia a través da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, que aposta polo sector dos contidos dixitais como un dos motores de innovación e crecemento para a sociedade galega

R

por que con R?

promove a iniciativa como empresa tractora R, o operador galego de telecomunicacións, que ten centenares de miles de clientes de televisión, telefonía, internet e outros servizos, e forma parte do grupo de telecomunicacións líder no norte peninsular, Euskaltel

por que con CRTVG?

patrocina un dos retos da iniciativa a corporación autonómica de radio e televisión, que ten entre as súas prioridades incorporar á televisión pública as novas tendencias tecnolóxicas aplicadas ao sector, novos modelos de creación de contidos e novas canles de distribución e solución adaptadas ás novas tendencias de consumo

reto 1
enriquecimento de contidos deportivos

deporte, datos e televisión, ese é o reto.

Interesan as grandes audiencias dos eventos deportivos, as posibilidades dos datos e internet e o impacto dunha experiencia ampliada, intensificada.

Imaxínate vendo un evento deportivo no televisor. Coa retransmisión, tes información en tempo real sobre cousas como o pulso cardíaco dos deportistas, a velocidade dun balón ou dunha bicicleta, a altura dun salto ou dunha onda, a forza do vento e a temperatura do aire, o chío dun comentarista especializado... E agora pensa na oferta de servizos que podería ir asociada en forma de xogos, publicidade, sincronización con aplicacións, elección de cámara...

Se o ves, este é o teu reto: sistemas para o enriquecemento de eventos deportivos.

reto 2
aplicacións para Android TV

Android TV é unha auténtica galaxia: televisores, operadores de televisión de todo o mundo, aplicacións, unha grande comunidade de usuarios, conexión co resto do ecosistema de Google...

Este reto vai precisamente de desenvolvementos para Android TV. E como o campo de xogo é inmenso, dámosche dúas pistas que nos parecen moi interesantes, para que non te perdas:

Primeira pista: contido xerado pola comunidade de usuarios. O televisor segue a ser a mellor pantalla da casa. Por que non compartir os meus vídeos nela?

Segunda pista: gaming. Xogar, competir, ver streamings. Pódese experimentar o gaming desde a tele?

Se todo isto te suxire algo e lle ves posibilidades, non o dubides, Android TV é o teu campo de xogo.

reto 3
contidos formativos e divulgativos innovadores

Se os grandes problemas do mundo fosen portas pechadas a formación sería o máis parecido a unha chave mestra: é seguramente o que as abra todas, sen excepción.

Este é un reto para mestres e mestras de chaves, un reto necesario. Trátase de abrir portas mellor e máis rápido... con contidos dixitais para formar ás persoas para a vida e o traballo e axudalas a entender o mundo mediante a divulgación científico-tecnolóxica.

En lugar dunha ilustración plana, unha simulación en tres dimensións. Unha voz que pregunta e responde, en vez dun documento fixo. Vivir a experiencia dun contido, velo como se estivese diante, viaxar por el, entendelo máis de cerca. Divulgar e formar coa axuda de complementos que aproveiten todas as posibilidades da realidade aumentada, a simulación tridimensional, o audiovisual, o gaming, a televisión conectada e un longuísimo e dixital etcétera.

Queres innovar desenvolvendo contidos dixitais de carácter formativo ou de divulgación científico-tecnolóxica?

A este reto faslle moita falta.

reto 4
Big Data aplicado ao consumo televisivo

Din que a paciencia é a nai da ciencia. Seguro que hai moito de verdade niso. Pero os datos son a nai do cordeiro. Se sei que chove, saio co paraugas; se sei que chove e fai vento, se cadra deixo o paraugas na casa e me poño chuvasqueiro e botas, non é?

Coa televisión, ocorre exactamente o mesmo. Convén coñecer que está a facer a meteoroloxía (e outras moitas cousas) para saber que facer cando, por exemplo, cómpre deseñar a programación, elixir o final perfecto de entre os cinco posibles da serie ou concibir o formato dun programa. Necesitamos información. Ou, mellor dito, precisamos recollela, ordenala, dixerila e tomar a correspondente decisión: a mellor posible, unha decisión informada.

Os datos están aí fora, pero hai que atopar o xeito de aproveitalos. Con varios xeitos, con medio xeito... co único xeito.

En fin, este si que é un súper reto: Big Data aplicado ao consumo televisivo.

reto 5
reto aberto

Despois de ler os catro retos anteriores quizais non teñas aínda moita gana; que non te inspiran, vaia. Se cadra son demasiado difíciles, demasiado fáciles, demasiado abertos, demasiado pechados...

Tamén temos cavilado niso, así que, se es innovador dos pés á cabeza, chegou o teu momento. Os proxectos que se presenten a este quinto reto só teñen que cumprir unha condición (unha que ten o seu, por certo): aportar algo novo no eido dos contidos dixitais.

Tal vez teñas xa no miolo, ou medio desenvolvido, un proxecto de realidade aumentada e che parece que podería encaixar. Adiante. Ou é que estás a voltas cunha idea de IoT aplicada a contidos dixitais? Fenómeno, pasa tamén. Se vai de ferramentas de animación, bravo, súmate igualmente. E se...?

A resposta sempre vai ser unha benvida. Ah, e non esquezas que se che pode ocorrer algo que xamais se nos pasou pola cabeza. Iso sería xenial.

Viva o reto aberto para ti! 😉

únete

le as bases do programa e presenta o teu proxecto a través do seguinte formulario

datos de contacto

o proxecto

o equipo

a empresa / entidade promotora

se aínda non hai unha sociedade constituída, entenderemos ao recibir este formulario que hai vontade de constituíla. Unha vez ingresedes no programa, pedirémosvos que a constituades e proporcionedes un CIF

presentación e observacións

carregar arquivo
El tamaño de la presentación no puede ser superior a 10 MB GL

se necesitas realizar algunha consulta, utiliza o seguinte correo electrónico:

dicochallenge@mundo-r.com

As webs utilizan cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e personalizar a publicidade. Se segues navegando entendemos que consentes o seu uso. Tes +info. en política de cookies Aceptar