
tes un proxecto no eido dos contidos dixitais?
buscas desenvolvelo e chegar ao mercado?
atréveste a aceptar algún dos nosos retos DiCo?
invitámoste a startups R DiCo Challenge, a aceleradora dos contidos dixitais en galicia
en que consiste?
programa
é a aceleradora focalizada en contidos dixitais coa que R e CRTVG buscan innovar conxuntamente coa comunidade
nela atoparás:
mentorización por parte do equipo de R ou CRTVG
acceso aos medios e infraestruturas de R ou CRTVG para o desenvolvemento e proba de solucións
apoio e titorización permanentes
formación adaptada ás necesidades do proxecto
alternativas de financiación
visibilidade e contactos
un espazo de traballo no coworking de startups startups R
e sobre todo, atoparás unha saída cara ao mercado

por que en Galicia?
promove a iniciativa a Xunta de Galicia a través da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, que aposta polo sector dos contidos dixitais como un dos motores de innovación e crecemento para a sociedade galega
por que con R?
promove a iniciativa como empresa tractora R, o operador galego de telecomunicacións, que ten centenares de miles de clientes de televisión, telefonía, internet e outros servizos, e forma parte do grupo de telecomunicacións líder no norte peninsular, Euskaltel

por que con CRTVG?
patrocina un dos retos da iniciativa a corporación autonómica de radio e televisión, que ten entre as súas prioridades incorporar á televisión pública as novas tendencias tecnolóxicas aplicadas ao sector, novos modelos de creación de contidos e novas canles de distribución e solución adaptadas ás novas tendencias de consumo