"como amantes da natureza, a comida sa e o rural galego, sentimos que non hai nada máis agradecido que o traballo na terra; por iso en 2012 decidimos empezar Orballo e ofrecerche produtos 100% ecolóxicos da mellor calidade. Produtos 100% ecolóxicos. Consumir produtos ecolóxicos mellora a calidade de vida e a saúde das persoas. Por iso asegurámonos de que nos cultivos de Orballo non entren pesticidas, herbicidas ou químicos de sínteses que en moitos casos son tan prexudiciais para a saúde. Produtos 100% sustentables. Somos amantes da natureza e da biodiversidade. Por iso temos en conta o impacto que cada unha das nosas accións. Evitamos o uso de materiais non reciclables ou dun único uso nos nosos produtos. Produtos 100% de calidade. Encargámonos de todo o proceso, polo que che garantimos que a nosa materia prima é recollida no momento óptimo e procesados co maior coidado"
ir a orballo.eu